"É o momento de Ferrolterra"

Categoría: Actividades
Publicado el Miércoles, 28 Diciembre 2022 14:26
Escrito por ferrolterra
Visitas: 281

Baixo o lema "É o momento de Ferrolterra" a Asociación en colaboración coa Diputación da Coruña está a desenvolver unha campaña informativa de publicidade e promoción sobre o tecido empresarial do territorio.

As empresas asociadas, en xeral, a base empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal son as beneficiarias da acción divulgativa e promocional posta en marcha pola Asociación de Empresarios Ferrolterra, e que conta coa financiación da Deputación da Coruña no marco do programa de subvencións para actividades de promoción económica e fomento do emprego ano 2022.

O enorme potencial que presenta o territorio para a atracción de novas empresas está na base desta campaña cuxo obxectivo é darlle visibilidade promover a captación de novas colaboracións e xerar sinerxías, dentro do compromiso pola cooperación, a formación e a cultura asociativa. A través de varios soportes publicitarios e accións de difusión, visibilizaranse as capacidades para levar a bo porto os proxectos en marcha e futuros. Os ilusionantes retos de futuro que afrontar da man, en beneficio de todos, cunha chamada á unión, á colaboración entre todo o tecido empresarial de Ferrolterra, porque é o momento, e porque ‘xuntos sempre somos mellores’.

Recordar que, precisamente este ano cúmprense 30 anos de actividade da AEF, nacida como organización intersectorial no ano 1992, e entidade que representa e defende con maior autoridade e solvencia os intereses do sector empresarial ferrolterrán e na súa zona de influencia económica.

Esta iniciativa é posible grazas á coa colaboración da Deputación da Coruña no marco da liña de axudas para ás asociacións.

https://www.empresarios-ferrolterra.org/index.php/socios 

 

600x400 imagen para web e o momento