Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Reunión Xefa Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Xefe Territorial de Economía e Industria

O día 12 de decembro tivo lugar unha reunión coa Xefa Territorial de Medioambiente (Cristina Carrión Rodríguez) e có Xefe Territorial de Economía e Industria (Isidoro Martínez Arca), asistiron por parte da AEF, en representación do sector da Construción, Carlos Moreira García e Rocío Gómez.

Na reunión tratáronse os seguintes temas:

1.- Informóuselle da campaña para a contratación con empresas legais, que promovida polo sector de empresas de construción e afíns, iniciou a Asociación en colaboración cos concellos que integran a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. 

2.- Expúxoselle a problemática existente no sector da construcción derivada da inexistencia de uniformidade de criterios que aplica a administración local en obras con presenza de amianto. Aínda que, en caso de retirada do material a norma é clara, existen certas dúbidas con respecto á limpeza de cubertas deste material. a existencia de sistemas que permitan realizar esta labor sen riscos paa as persoas e o medio ambiente, etc.

3.- Os responsables provinciais de Medio Ambiente e Industria mostraronse dispostos a colaborar, e comprometeronse a realizar xunto cos técnicos do ISSGA un estudio da lexislación existente, e aclarar as dúbidas ós empresarios.

De ser necesario, promoverase a elaboración de normativaq complementaria á existente, e poderíase instar á administración local, que colabore controlando o cumprimento da norma.

WhatsApp Image 2018 12 12 at 12.44.282

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Descarbonizacion