Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Xornada Informativa FECO2: Ferramentas para a descarbonización. Medición da pegada de carbono empresarial

O obxectivo da presente xornada é o de formar ás empresas na temática da pegada de carbono e das ferramentas que xa existen neste eido. Asimesmo, servirá para realizar a presentación da Guía de boas prácticas para a medición da pegada de carbono e descarbonización empresarial, e do seu espazo web.

Trátase dunha ferramenta para coñecer as vantaxes que ten para as empresas unha correcta planificación e xestión da súa pegada de carbono e xerar menos CO2, proporcionar aforros en custes, aportar unha distinción, polo seu compromiso de respeto do medio ambiente e loita contra o cambio climático e facilitar o cumprimento das obrigas para poder acceder a determinados contratos coa administración pública.

Data: martes, 18 de decembro de 2018.

Horario: de 10,00 a 13,00 horas.

Lugar: Sercotel Odeón (Ctra. Castelao, 17. Polg. Gándara. Narón).

Inscrición: en indicando nome e apelidos, empresa e datos de contacto (email e teléfono).

Programa: descargar pdf

Aínda está a tempo a participar no estudo de situación das empresas de Ferrolterrra cumprimentando a enquisa que lle facilitamos. Agradecemos ás empresas que teñen pendente de enviar a enquisa cumprimentada que o fagan, a maior brevidade, clicando no seguinte enlace Web https://docs.google.com/forms/d/16mqqJVrQ9HJWS4lbgs-UxbasqLBhDlt2GCK9AMO_r30/edit

programa xornada pegada

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Descarbonizacion