Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

MAPA DE RECUROS IGAPE 2018

Encontro de traballo coa participación do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e o Director Xeral do Igape, no que se presentará o MAPA DE RECUROS IGAPE 2018. No acto contarán tamén coa presenza de responsables do ICEX e CESCE, colaboradores habituais do Instituto.

O encontro terá lugar o vindeiro martes 23 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, no Salón de Actos do edificio SERGAS, en San Lázaro (Santiago de Compostela). O obxectivo é dar a coñecer de primeira man as distintas liñas de actuación do Instituto para este ano 2018, e poñer á vosa disposición o mapa de recursos, que recolle de xeito sinxelo e completo os distintos programas de apoio e liñas de actuación do Igape nos ámbitos do emprendemento, novos investimentos, mellora da competitividade e internacionalización.

Este mapa, con referencia aos distintos tipos de beneficiarios e previsións das convocatorias ao longo do ano, estimamos que será unha ferramenta moi útil tanto para promover proxectos como para achegar información ás vosas empresas.

Ao remate desta presentación haberá un viño galego/networking, onde o equipo directivo e técnicos do Igape estarán á vosa disposición para atender as consultas que de xeito máis concreto desexedes expor.

Pregamos confirmación de asistencia no enderezo

 

MAPA RECURSOS IGAPE

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Ferrolterra-Naron