Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Café con Ciencia. Ciclo divulgativo sobre ciencia

O programa Café con Ciencia, organizado pola nosa empresa asociada Ártabro Tech e a Universidade da Coruña, estará composto por seis charlas, unha cada dous meses. Os relatores serán profesionais destacados do eido científico e tecnolóxico e as súas intervencións terán un ton divulgativo. A finalidade última será explicar o impacto positivo que a investigación básica ou aplicada, en cada un dos seus ámbitos de traballo, ten na vida cotiá e no avance, en xeral, da sociedade.

A primeira conferencia “Por que investir en Ciencia Básica?” terá lugar o 7 de febrerio, ás 19:30 horas, na “Sala de Conversas” do casino Ferrolano. Correrá a cargo de Miguel Vidal Maroño, responsable de Machine Learning na startup Ártabro Tech. É doutor en Física de Partículas pola Universidade Complutense de Madrid e licenciado en Física pola USC. Desenvolveu o seu traballo doutoral no Fermilab, en Chicago, onde está o segundo acelerador de partículas máis potente do mundo, e despois pasou ao primeiro, no CERN (Xenebra), para integrarse no equipo de investigación do bosón de Higgs. Formou parte, por tanto, do equipo científico que descubriu a chamada “partícula de Deus” e que mereceu o premio Nobel de Física no ano 2013. En outubro pasado Miguel Vidal regresou á súa cidade natal, Ferrol, para integrarse na empresa Ártabro Tech e aplicar os seus coñecementos no desenvolvemento de solucións de Intelixencia Artificial.

+ Información: descargar pdf

600tarjetocafeconciencia

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Descarbonizacion