
Zona Privada
[+]
Este proxecto ten como primeiro obxectivo realizar un inventario dos residuos xerados polas empresas pertencentes á AEF, este se realiza a traveso dun cuestionario onde recollemos información sobre a tipoloxía dos residuos xerados polas empresas, a natureza de ditos residuos, a cantidade de residuos anuais producidos, o proceso/actividade en que se xenera o residuo, así como as medidas de prevención e minimización existentes.
Nunha segunda parte do proxecto procederase a analizar o inventario, para identificar as necesidades particulares das empresas participantes e desenvolver prantexamentos de actuación preliminares, a traveso de diagnósticos individuais, esto realizarase identificando as empresas con maior xeración de residuos e maior impacto ambiental, centrado no estudio dos procesos productivos e de funcionamento das empresas, evaluando a posibilidade de implantación de técnicas de producción limpa, optimización de recursos, minimización ou valoración dos residuos, etc.
O fin último de REXENERA é realizar unha xestión conxunta dos residuos e a creación dunha bolsa de residuos. Así analizaremos a posible reutilización dos residuos, analizando as necesidades-oportunidades e sinerxías entre empresas, co principio de que aquilo que é un residuo para unha empresa é materia prima para outra no seu proceso produtivo.
A AEF realizará unha oferta e demanda de residuos, difundindo a información co fin de favorecer e dinamizar o mercado.
Este proxecto iniciouse a finais deste ano e continuará durante os primeiros meses de 2011.