
Zona Privada
[+]
A Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e a Asociación de Empresarios Ferrolterra, esta última no marco do Convenio que mantén coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, están levando a cabo intervencións no eido da mellora da calidade nos seus ámbito de representación. Un dos aspectos do seu interese é a de incorporación de persoal cualificado procedente da Formación Profesional Regrada ao entorno da hostalería.
Por outra parte, uns dos obxectivos é facilitar a mencionada incorporación en tódalas vilas especialmente nas que dispoñen de un alto interese turístico da comarca do Ortegal como Cariño, Cedeira, Ortigueira e Valdoviño, pero que, polas circunstancias da distancia que hai ao centro de formación en Pontedeume, non e fácil que alumnos dos seus concellos se animen a cursar estudios nas especialidades de hostalería que se necesitan para cubrir vacantes nas súas propias localidades.
Ao obxecto de buscar solucións para esta carencia, o pasado mércores, día 7, celebrouse unha reunión no IES Fraga do Eume á que asistiron alcaldes e representantes dos concellos: Cariño, Ortigueira, Pontedeume e Valdoviño, o Coordinador da Xunta de Galicia en Ferrol, o Presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), o Secretario da Asociación de Hostalería de Ferrol, o Coordinador do Convenio de Colaboración Consellería de Educación e O.U. e a AEF, a Secretaria e o Xefe de Departamento da Familia de Hostalería do centro, e, presidida polo seu Director.
Nesta xuntanza mostrouse grande interese polo tema, acordándose polos asistentes estudar medidas paliativas para facilitar tanto o transporte como a posibilidade de formar un inicio de “campus da formación profesional” co gallo de que os alumnos dos citados concellos de Cariño, Cedeira, Ortigueira e Valdoviño teñan apoios para realizar estudos no IES Fraga do Eume.