Inauguración de "Atenda"

Categoría: Actividades
Publicado el Viernes, 29 Abril 2022 12:44
Escrito por ferrolterra
Visitas: 466

O 29 de abril  o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, inauguro un novo espazo de tecnoloxía “Atenda”.

Esta actuación, enmarcase no  Programa “Espazos de tecnoloxía aplicada”, da consellería de cultura, Educación e Universidade, para a conversión de aulas tradicionais en Espazos de tecnoloxía aplicados á Formación Profesional.

O Rodolfo Ucha foi un dos centros seleccionados dentro deste programa, coa súa proposta “Tenda Intelixente e almacén robotizado 4.0”. Trátase dun espazo orientado ao alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de "Comercio e márketing" que permite implementar tendas de calquera tipo e que conta ademais cun almacén robotizado. O alumnado poderá poñer en práctica moitos dos coñecementos impartidos nos ciclos formativos da familia profesional de "Comercio e márketing" nun entorno próximo á realidade.

Enrique González, asistiu á inauguración.

Parabéns desde a AEF por este excelente traballo!!!

wATENDAFOTO 3

wATENDAFOTO 5

 wATENDAFOTO 6

 wATENDAFOTO 7

wATENDAFOTO 2

wATENDAFOTO 1