Programa Atrévete 2020-2021

Categoría: Actividades
Publicado el Jueves, 04 Febrero 2021 10:25
Escrito por ferrolterra
Visitas: 44

A Asociación de Empresarios Ferrolterra participa, un ano máis, no Programa Atrévete tal e como ven facendo desde o ano 2014. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

 

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

+ Info: https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-atrevete-2020-2021

web atrevete faldon